Busca o que queiras

jueves, 12 de diciembre de 2019

O meu primeiro partido (Os meus inicios)



Ola a todos. Tras contarvos a primeira parte dos meus inicios (a cal podedes ver aquí), hoxe veño coa segunda e final entrega.

Ben, despois de convencer a mes pais e entrar no curso, tocou a parte máis dura: as clases. Sacarse o curso de árbitro non e estremadamente difícil, só tes que estar atento a tres aspectos: estar atento en clase, lerte as regras sobre as que se van falar antes da clase e preguntar todas as dúbidas que teñas. Unha das cousas que máis me costou foi mostrar ímpetu, xa que todavía non rematara o verán e todo o mundo prefería estar na praia, pero on me arripinto. O que me axudou a contrarrestar isto foi os meus compañeiros: igual que no colexio, ao final colles amizade con todos e son a túa primeira familia deste mundo.

Despois de aproximadamente dúas semanas de clase chegou o exame. Divídese en dúas partes: Na primeira póñenche un campo de fútbol vacío para que poñas todas as medidas que saibas (esta parte a tes que ter perfecta para poder pasar). E a segunda consiste nun test de 50 preguntas similar ao do permiso de conducir. Ao final, conseguín aprobar á primeira, con 40 respostas acertadas.     
Crónica do partido na web do Portero 2000

Tras isto, chegou a miñas semana de debut. Todos os principiantes (ou como se chaman oficialmente, cursillistas) comezan coma árbitros asistentes en liga galega de infantil, cadete ou xuvenil. A miña designación foi un pouco controvertida: no primeiro mensaxe mandáronme un partido de xuvenil en Caldas, pero o noso mestre do curso decidiu que non podía ir porque non me daba o físico (eu pensaba igual), e polo tanto canceláronme a designación e otorgáronme un partido de infantil: Portero 2000 - Porriño Industrial, na Xunqueira de Pontevedra.
Crónica do partido na web do Portero 2000

Recordo que ese día xa me levantara con nervios, e tiña moito medo ao que puidera pasar. Case non puidera durmir, pero ao chegar ao campo púxenme aínda máis nervioso. Cando chegou o árbitro pricipal conseguiu tranquilizarme, e cando me dirixía ao centro do campo, todas as miñas dudas desapareceron. Non fixen un bo partido, pero quedei satisfeito de haberme inciado e poder dicir oficialmente que era árbitro de fútbol.
Se tedes algunha dúbida, suxerencia ou pregunta, non dubidedes en deixala nos comentarios. Ata outra!

jueves, 7 de noviembre de 2019

Os meus inicios. Parte 1




Ola a todos de volta. Benvido se entras por primeira vez. Como xa vos comentei na presentación, hoxe vos vou falar de como empezei neste mundo.


Eu tiña un problema físico o cal me obriga a practicar un deporte, pero que tamén me impide estar na misma condición física ca o resto de persoas da miña clase e, polo tanto, competir. Por esta razón expulsáronme do meu clube de fútbol cando tiven que pasar a categoría infantil e tras 5 anos en piragüismo, tiven que retirarme tamén ao ter unha adestradora que me aparteaba e humillaba por "non ser útil". Maila que estiven 1 ano indo ao ximnasio, isto non me cheaba, e decidín buscar un deporte que realmente desfrutara.

Foi entoón cando pensei na arbitraxe. Dende pequeno admiraba a esas persoas coa valentía de poñerse ahí e aguantar todo tipo de vexacións, mais nunca mo plantexara. Pero esta vez era distinto: a decisión estaba tomada.

Convencer aos meus pais non foi tarea fácil: as súas razóns eran que non estaban dispostos a que me insultaran cada fin de semana  e que eu non tiña o carisma suficiente para presentarme. Mais despois de dous meses de discusión, decidín chamar a escondidas ao CTA de Pontevedra (Comité Técnico de Árbitros) para manifestar o  meu interese en unirme.

Resultado de imaxes para fgf pontevedra

Sede da federación en Pontevedra

Dende alí a súa disposición por axudarme foi plena, e convidáronme a unha reunión para informarme máis sobre en que consistía. Foi alí onde lle comentaron a meus pais que nestes tempos as agresións e ameazas están moito máis controladas, o que os convenceu. Por fin podía comezar.

Para asegurarme de que volvedes, vos deixo aquí coa intriga. Proximamente segunda parte.

Espero que vos gustase.

   

jueves, 24 de octubre de 2019

Algunha vez preguntácheste como chega un árbitro a convertirse nel? Como é a súa rutina de partido? Canto cobran? Que formación e entrenamento reciben?

Meu nome é David Alján Lusquiños, e son árbitro dende setembro de 2019. Comezei nisto xa que por un problema físico tiña que facer un deporte e, ao non poder xogar ao fútbol na miña categoría, decidín buscar unha solución relacionada a este deporte.
Aínda que todavía levo pouco tempo arbitrando, véxome capacitado para contaros máis ou menos de que vai o mundillo. Vos contarei cal soe ser a miña rutina, como sabemos que partido debemos arbitrar etc.

En fin, vémonos na seguinte entrada.