Busca o que queiras

jueves, 12 de diciembre de 2019

O meu primeiro partido (Os meus inicios)



Ola a todos. Tras contarvos a primeira parte dos meus inicios (a cal podedes ver aquí), hoxe veño coa segunda e final entrega.

Ben, despois de convencer a mes pais e entrar no curso, tocou a parte máis dura: as clases. Sacarse o curso de árbitro non e estremadamente difícil, só tes que estar atento a tres aspectos: estar atento en clase, lerte as regras sobre as que se van falar antes da clase e preguntar todas as dúbidas que teñas. Unha das cousas que máis me costou foi mostrar ímpetu, xa que todavía non rematara o verán e todo o mundo prefería estar na praia, pero on me arripinto. O que me axudou a contrarrestar isto foi os meus compañeiros: igual que no colexio, ao final colles amizade con todos e son a túa primeira familia deste mundo.

Despois de aproximadamente dúas semanas de clase chegou o exame. Divídese en dúas partes: Na primeira póñenche un campo de fútbol vacío para que poñas todas as medidas que saibas (esta parte a tes que ter perfecta para poder pasar). E a segunda consiste nun test de 50 preguntas similar ao do permiso de conducir. Ao final, conseguín aprobar á primeira, con 40 respostas acertadas.     
Crónica do partido na web do Portero 2000

Tras isto, chegou a miñas semana de debut. Todos os principiantes (ou como se chaman oficialmente, cursillistas) comezan coma árbitros asistentes en liga galega de infantil, cadete ou xuvenil. A miña designación foi un pouco controvertida: no primeiro mensaxe mandáronme un partido de xuvenil en Caldas, pero o noso mestre do curso decidiu que non podía ir porque non me daba o físico (eu pensaba igual), e polo tanto canceláronme a designación e otorgáronme un partido de infantil: Portero 2000 - Porriño Industrial, na Xunqueira de Pontevedra.
Crónica do partido na web do Portero 2000

Recordo que ese día xa me levantara con nervios, e tiña moito medo ao que puidera pasar. Case non puidera durmir, pero ao chegar ao campo púxenme aínda máis nervioso. Cando chegou o árbitro pricipal conseguiu tranquilizarme, e cando me dirixía ao centro do campo, todas as miñas dudas desapareceron. Non fixen un bo partido, pero quedei satisfeito de haberme inciado e poder dicir oficialmente que era árbitro de fútbol.
Se tedes algunha dúbida, suxerencia ou pregunta, non dubidedes en deixala nos comentarios. Ata outra!

1 comentario:

  1. Moi ben esta entrada. O teu blog está sendo realmente interesante, hai poucos rapaces da túa idade que teñan a decisión necesaria para adicarse á arbitraxe. Ánimo!

    ResponderEliminar